Sobre Nós
Mellorando o Internet rural en Galicia.
Eliminamos obstáculos de comunicación para facer chegar os nosos servizos de telecomunicación a tódolos rincons da nosa Comunicade.
A nosa historia
Informática e Telecomunicacións Sarria S.L. ( ITS) nace en 2012 ofrecendo soporte informático a empresas e particulares na comarca de Sarria (Lugo).
Nesa época, as telecomunicacións no e o internet rural en Galicia eran practicamente inexistentes. Uns servizos de ADSL que non chegaban a 1 Mbps de capacidade, ou servizos inalámbricos tipo TRAC con 256 kbps de velocidade eran as opcións que unha casa de campo ou negocio rural, podía contratar para ter acceso a internet e facer as xestións que a administración pública empezaba a demandar de maneira telemática.
Os nosos clientes, ante a pasividade dos grandes operadores por dar unha solución aos seus problemas do internet rural en Galicia, alentáronnos a que désemos o paso e fósemos nós os que lles prestásemos eses servizos. E se algo nos gusta en ITS, son os retos.
Así que tras formarnos en distintas tecnoloxías e cumprir cos tramites administrativos, iniciamos a explotación da nosa propia rede WiMAX (servizo inalámbrico de alta capacidade) como OPERADORES de telecomunicacións. Dita rede foi crecendo en tamaño segundo demandábannos os nosos clientes, cubrindo actualmente unha superficie de máis de 10.000km2 do territorio galego.
Na actualidade
Estamos presentes en 5 das 7 maiores cidades de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra) e as súas zonas periurbanas, así como importantes poboacións como Sarria, Monforte, Quiroga, Chantada, Allariz, Xinzo, Celanova, Carballiño, Ribadavia, Cangas, Moaña, Redondela, Soutomaior, Poio, Sanxenxo, Abegondo, Carral, Cerceda, Cambre, Oleiros, Sada, Bergondo, Betanzos, Paderne e Coirós entre outras.
ITS é unha empresa dinámica cuxa filosofía é a mellora constante, e a irrupción da tecnoloxía FTTH (fibra ata o fogar) non podía pasar desapercibida para nós.
Por iso, despregamos a nosa propia rede de fibra para dar un servizo de fibra directa en diversas poboacións como Sarria, Ares, O Barco de Valdeorras, Bueu, Cedeira, Celanova, A Estrada, Fisterra, A Guarda, Ordes, Oroso, A Pobra do Caramiñal, A Rúa, Vilalba, Silleda, Chantada e Allariz, ás que se unirán proximamente outras poboacións… e pechado acordos con outros operadores para ofrecer servizos de fibra indirecta no resto de poboacións.
A nosa filosofía
Proximidade
Empresa 100% galega e
coñecedora das necesidades dos nosos veciños.
Calidade
Grazas a nosa propia rede de Fibra e Wimax ofrecemos servizos coas mellores garantías. Somos OPERADORES.
Dinámica
Estamos sempre en constante evolución. Incorporamos as últimas tecnoloxías á nosa rede para mellorar os nosos servizos.
Confianza
Contratos claros, tarifas sinxelas e prezos definitivos.
O que ves é o que hai.
En ITS cremos que cada un debería poder vivir ou traballar onde quixese, sen que os servizos de comunicacións sexan un obstáculo para facelo.
Por iso, queremos contribuír co noso graniño de area achegando as nosas solucións a todas aquelas persoas que queiran mellorar as súas comunicacións, cun trato personalizado e transparente, e coa confianza de que sempre terán a mellor tecnoloxía á súa disposición.
Se ti es unha desas persoas, non o dubides, somos O TEU OPERADOR.